Barbantia estará en Rianxo nos actos dedicados aos irmáns Ínsua

insua
ACTOS NA HONRA DOS IRMÁNS ÍNSUA no Centenario do Nacemento de Manuel Rodríguez Castelao.
CASA DE CULTURA “CUARTEL VELLO”- RIANXO. Sábado 17 de decembro, a partir das 11 h.
Os actos iniciaranse cunha ofrenda floral no cemiterio de Rianxo (11 h.), de seguido inaugurarase a Rúa Irmáns Ínsua (actual Nova Apertura, na confluencia con Rinlo) e, finalmente, desenvolverase unha mesa redonda no Salón de Actos da Casa de Cultura “Cuartel Vello”, coas intervencións de D. Pedro Piñeiro Hermida (Alcalde de Rianxo), D. Celestino Poza (Presidente da Comisión de Cultura da Deputación Provincial da Coruña), D. Xesús Santos Suárez (poeta e historiador local), Dª Conchita Nogueira Agra (Filla de Ángel Nogueira e Carmen Agra, mártires do bou Eva), Dª Dolores Romay Tubío (afillada de Manolo Rodríguez Castelao) e D. Antón Riveiro Coello (Presidente de Barbantia).

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.