Presentación en Noia de “Casas Baratas”, o último libro de Antón Riveiro Coello

Casas Baratas
A editorial Galaxia, o Concello de Noia, La Voz de Galicia e mais Barbantia, presentaron CASAS BARATAS, de Antón Riveiro Coello, que coincidiu coa saída do número 12 do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”.
O acto contou coa participación de Antonio Pérez Insua, alcalde de Noia; Víctor Freixanes, escritor e director da Editorial Galaxia; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia; Agustín Agra, escritor gañador do Pedrón de Ouro; e Antón Riveiro Coello, autor do libro; e tivo lugar o venres, 24 de febreiro, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia,

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.