IN VINO VERITAS, de Francisco Castro, en Rianxo

in_vino_veritas.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A VOZ DE BARBANTIA, así como á presentación do libro de Francisco Castro In vino veritas, nun acto que terá lugar o venres 28 de outubro no Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, ademais do autor, os directivos de Barbantia María Xesús Blanco e Antón Riveiro Coello, e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Ao remate da presentación inaugurarase no mesmo Auditorio a exposición de Che Tembra “Castelao: 125 aniversario”.

Así mesmo, a Asociación Cultural Barbantia convídate á representación da obra de teatro ATA QUE A MORTE NOS SEPARE, a cargo do grupo de teatro “Airiños” de Asados, o domingo 30 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Boiro.

Entrada libre.

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.