Presentación de “Poñente”, de Pere Tobaruela, en Rianxo

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Fundación Castelao, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á celebración no Auditorio de Rianxo dos ACTOS CASTELAO 2012, que, entre outras actividades, incluirán:

ponente.jpg

1) a presentación do libro POENTE, de Pere Tobaruela; nun acto que terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, a escritora e profesora Ana Isabel Boullón; o director de Xerais, Manuel Bragado; os directivos de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro; e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Contaremos cunha actuación musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (da Escola de Música de Rianxo). Amais, ese mesmo serán inaugurarase a exposición Castelao Vive. Esculturas de Nuco Losada.

2) A presentación, o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, do libro VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL. BIOGRAFÍA DE Mª DO CARME KRUKEMBERG, de Mercedes Queixas, coa presenza da autora e mais do escritor e coordinador de edicións de Ed. Galaxia Francisco Castro, así como da secretaria de Barbantia, Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño.
imagenproducto.jpg

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.