Presentación do último Premio García Barros, A lúa da colleita, de Anxos Sumai e do número 91 de A Voz de Barbantia en Rianxo

Editorial Galaxia

A lúa da colleita, de Anxos Sumai
Editorial Galaxia

Barbantia, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo, convídante á presentación do suplemento cultural número 91 de A Voz de Barbantia e mais á presentación do último Premio García Barros 2013:

A LÚA DA COLLEITA
de Anxos Sumai

Intervirán, amais da autora, os escritores Uxía Casal, Iria Lago, Antón Riveiro Coello; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.

O acto terá lugar o venres, 31 de xaneiro de 2014, ás 20:30 hrs. no Auditorio de Rianxo.
No mesmo acto terá lugar a intervención pictórica de Noel Pérez Fungueiriño e a participación musical de Israel Figueirido.

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia, Novidade na Web de Barbantia. Garda a ligazón permanente.