As tenues sombras móvense

por Iria M. Lorenzo Lestón

As tenues sombras móvense
ao son dunha danza de ventre,
pegándome na faciana
cun cheiro de corvo.
Namentres, camiño lentamente
cruzando olladas
con almas cándidas
de rostro amargo.
Camiño pensando auga
mais todo se me crava
coma os cravos que un día
torturaron un coitado
nalgún lugar remoto.
Pero non é lonxe
onde hoxe oio
a campá tocando defunto.

As tenues sombras

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.