Paseime de estación

por Iria M. L. Lestón

Pasei de estación
Paseime de estación.
A miña alma quedou naquel vagón
cando nun eterno segundo
se parou o teu corazón.
As miñas bágoas negras
inundan as miñas meixelas,
córtanas de dor
mentres os meus cabelos se revolven
entrelazando doces recordos de amor.
Onde estás? A onde irás?
Endexamais poderás contestar ás miñas verbas
Endexamais volverei sentir os teus bicos
nas miñas meixelas agora negras
e sanguentas pola dor
que provocan tantas bágoas ao caer.
Endexamais me deixarás de ver chorar
ao pensar naquel amencer, e verás
desde onde agora estás
que nunca, nunca, de ti me vou esquecer.

Deixa unha resposta