Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

ALLEGUE MARTÍNEZ, RAMÓN (A Pobra do Caramiñal, 24/01/1934)

Na súa xuventude destacou como xogador profesional de fútbol, en equipos como o Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e o Compostela.
É autor do volume Mar tenebroso. A costa da morte do sol, que malia ao título está escrito en castelán, e que coñeceu unha primeira edición en Vigo en 1994. En 1996 coñeceu unha edición ampliada, editada polo autor, e ilustrada con fotografías de Ramón Allegue Barreiro. Este libro deu orixe a unha serie da TVG.

En 1999 publicou unha monumental novela, Las sandalias del apostol (Ames, Monterrey, pp. 766), que o autor subtitulou “Novela histórica”, subtítulo ao que debeu engadir “Novela piadosa”. O autor cre que o apóstolo chegou mesmo á Barbanza, segundo afirma nun artigo-entrevista a Albino Mallo. A obra tivo unha continuación en El camino del milenio, aparecida no ano 2000, ano no que tamén publicou a novela El mar de la muerte.