Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

ÁLVAREZ CASTRELO, JOSÉ (Palmeira, Ribeira, 26/09/1958)

Profesor de historia no Ensino Medio, publicou en 1985 un rigoroso traballo de investigación sobre a súa vila natal, volume que apareceu co título Síntesis histórica de Palmeira 1600 – 1850 (Santiago, Tórculo ), que prologa Manuel González Vidal. A obra está dividida en tres partes, atendendo a primeira ao século XVII, a segunda ao século XVIII e a terceira á primeira metade do século XIX.

Estuda a sociedade, a economía, a demografía, a vida cotiá e o mundo espiritual desta parroquia ribeirense, engadindo aínda outros capítulos interesantes como a relación de homes de Palmeira ao servizo da Real Armada e a hidrotoponímia palmeirana.

Na revista <O Imo. Revista Cultural da Barbanza>, en 1984, apareceu o seu artigo “Palmeira no 1929”. Publicou algún traballo na revista <A Caramecha>.