Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

ARAÚJO Y SALGADO, NICOLÁS ANTONIO DE (¿Noia? , 1682 – Miñortos, 02/10/1732)

Foi párroco de Miñortos, en Porto do Son, e publicou unha Apología de la medicina, que foi impugnada por un escrito anónimo, o que provocou unha nova resposta do párroco de Miñortos co título Defiéndese la apología, que sacó a luz el cura de San Martín de Miñortos, en alabanza de la Facultad Medica, y se responde a un papel Anínimo (sic) manuescripto, que intentó desdorarla (Santiago, 1716).

O Padre Atanasio López sospeita que autor puidese ser de Noia, noticia que repite Couceiro Freijomil. O segundo folleto do cura de Miñortos está asinado na súa parroquia o 16 de xullo de 1716.

Araújo y Salgado era fillo dun catedrático de Medicina en Santiago, pero non consta que nacera nesa cidade. Párroco de Miñortos en 1712, morre na súa freguesía o 2 de outubro de 1732 e sucédeo Tomás Araújo y Salgado, probablemente un irmán crego.

A censura da obra está asinada por Frei Fernando de Neyra, dominico e profesor da Universidade Compostelá, o 19 de agosto de 1716. O orixinal do folleto consérvase na Biblioteca do Convento de San Francisco de Santiago, e o estilo é aínda do século XVII, ampuloso e cheo de citas latinas, aínda que Ramón Baltar destacou o seu enxeño e a súa capacidade polémica.

O autor da censura previa afirma que “... el Author no necesita de esta defensa para mantenerse inalterable possesión de su Nobleza por nieto legítimo de los Señores de Casanoba, y Veyga, de cuyos esclarecidos Ascendientes la deriva, heredando, sino sus Casas, sus gloriosos Tymbres y blasones...”

Recoñece o censor que nesta defensa da medicina influíu a profesión médica do pai do autor e alaba a solidez dos argumentos.

Amosamos un anaco do folleto, a partir da edición feita por Ramón Baltar en 1961:
“No se desdora la Magestad Imperial con la práctica de la Medicina, antes bien muchos Príncipes eternizaron su nombre por el gran conocimiento de las hiervas (sic), y otros remedios. El Rey Mitrídates, Poderoso Monarca del Ponto, compuso un Antídoto singular contra el veneno, y para expeler todas las enfermedades contagiosas. Lysímaco Eupator Rey de los Yllíricos, Artemisia, aquella célebre muger de Mauseolo Rey de Caria, Marco Curio, Lucio Cincinnato, y Marco Valerio Corvino, Emperadores Romanos, fueron illustres por el singular estudio de la virtud de las hierbas, flores y plantas; añadiendo a sus empressas, por la más célebre, ser inventores de algunos especiales medicamentos para la conservación de la vida, tan amada de los hombres”.