Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BEJARANO ESTÉVEZ, LUÍS (Noia, 1970)

Licenciado en Filoloxía Hispánica, poeta en castelán e galego, nesta última lingua publicou en 1993 o libro Escenificacións a través dun espello (A Coruña, Edinosa). Adícase tamén á crítica cinematográfica.
Do seu poemario, da segunda parte titulada “Penumbras” seleccionamos o texto

“Os amantes”:
Dous rostros invertidos
sobre o reflexo dun espello.
Dúas mans entrelazadas
en achegamentos ritualizan.
Non digades nada,
o silencio non escapa,
tan só achegade os labios
cincelados nas vosas bocas.
O sol aínda non se apaga
e as cicatrices dun pasado
enterráranse no olvido.
Apreixádevos forte.
O destino quere silenciar
as paixóns incontroladas.
A chuvia ten incenso,
os vosos ollos semivelados non se acalan.
E se a indigna morte
vos susurra o derradeiro adeus,
non será ingrata,
e o voso amor furtivo,
impregnado dunha luz clandestina,
de despedida tornarase en vencello eterno.

É autor ademais do poemario en castelán Sombras del silencio, ademais de ter inédita a novela El naufragio de Ícaro e o ensaio La mirada clandestina.