Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BETANZOS SANTOS, MANUEL (Ribeira, 12/01/1933)

Profesor no Canadá, é importante poeta, autor de libros como Canción del niño en la ventana (New York, Mensaje, 1969), Canción en el viento (Barcelona, Rondas, 1974) e Diario de una noche de tren y ruedas (1974). Ademais editou unha antoloxía da poesía canadense en lingua inglesa, co título Antología de la poesía actual canadiense inglesa (Potosí, 1978). Outra das súas obras poéticas é a titulada Poemas del pájaro (1980).