Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BLANCO GÓMEZ, LUÍS (Noia, Século XX)

É autor do volume Poemas al mar de Noia, que foi editado polo autor en Alicante en 1988 e que leva unha breve presentación de Manuel Fabeiro Gómez. Algúns dos poemas son sonetos, de non moita calidade poética, entre os que se pode subliñar “A la villa de Noya”. A obra está dividida en cinco partes, tituladas “Poemas positivos”, “Poemas negativos”, “Poemas neutros” e xa máis breves “Colas” e o poema “Suspiros de ría en los meses del año”.

En 2003 publicou o volume Noia poética. Disneylandia noiesa, en edición de autor publicada en Noia, que contén algúns poemas galegos a carón da maioría en castelán.