Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BLANCO, PEDRO (Noia, 1684 – ?, 15/09/1759)

Ingresou en 1701 no mosteiro bieito de Celanova e foi abade de San Salvador de Lérez e tres veces de Celanova. Publicou entre 1736 e 1741 a obra en cinco volumes titulada Explicación de la Santa Regla de Nuetro Padre San Benito, dedicada al gloriosísimo P. San Benito, Patriarca de Monjes (Madrid, Impr. de José González), cando xa residía en Madrid. Na mesma cidade publicou en 1746 Complemento de la explicación de la Santa Regla.