Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BLANCO REY, RAMÓN (Noia, 1957 - Viveiro, 1989)

Nado en Couto, Noia, empezou dedicándose á música. Actor e autor teatral, foi un dos fundadores do grupo Maiolongo de Vilaboa, Culleredo, que estreou as súas pezas Camiñar a cegas (1976) e O día que o sol alumeou pola noite (1977). A primeira foi editada en 1990 polos <Cadernos da Escola Dramática Galega> (nº 84, abril).

Como actor do grupo Candea participou na representación das obras de Xosé Agrelo “Noite de lobos”, 1975 e “O mestre”, 1978. A súa derradeira peza teatral foi A cinza, que sería refeita logo por Pereira Martínez.