Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BOUZAS ARAÚJO, JOSÉ (Boiro, 1929)

Profesor Mercantil en 1951, desenvolveu o seu traballo na Caixa de Aforros de Santiago e en Caixa Galicia, sendo responsable da Aula do Mar e coordinando o volume El mejillón. Biología, cultivo y comercialización (A Coruña, 1990).

Nas décadas dos cincuenta e dos sesenta colaborou na prensa galega, en xornais como <El Ideal Gallego> e <El Correo Gallego> co pseudónimo “Deire”. Cultiva tamén a poesía en galego e castelán.