Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BREA REI, XOSÉ RAMÓN (Taragoña, Rianxo, 1955)

Profesor de Ensino Medio en Vilagarcía de Arousa é autor do ensaio “Charamuscas, a revista de Rafael Dieste na Guerra de África”, no que estuda a revista manuscrita que fixeron Dieste e outros galegos en Marrocos mentres facían o servizo militar, ensaio publicado no <Boletín Galego de Literatura> (nº 13, maio, 1995, pp. 39 –50). Outro traballo sobre o mesmo autor é o titulado “Dieste na guerra de África” (<O Correo Galego>, “Revista das Letras”, nº 48, 02 – 02 – 1995. Prologou estensamente o volume Mar que evita o meu regreso de Fernando Lavandeira. Aínda se pode citar algún traballo máis coma o titulado “Rafael Dieste entre dúas guerras” (Revista das Festas da Guadalupe, 1995) e “A presencia de Rianxo na creación de Brea Segade” (Ibid., 2004).

A súa obra máis importante apareceu no ano 2004: Un reiseñor canta lonxe. Xosé María Brea Segade: o home e a obra, onde ao longo estudo dedicado ao poeta de Taragoña une a edición da súa obra completa.