Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

BUJÁN SUÁREZ, CELESTINO (Argalo, Noia, 1859 – Santiago , 01/04/1927)

Mestre ata hai pouco descoñecido, pero a quen a profesora Aurora Marco adicou páxinas de recoñecemento e divulgación. Mestre de primeiro ensino elemental e superior, exerceu en diversas escolas galegas e foi creador dunha escola de adultos.

O seu destino definitivo obtívoo e 1893 na Escola Normal Superior de Mestres de Santiago, tras titularse como Mestre Normal pola Escola Central de Madrid. A partir de aquí iniciou unha etapa non só adicada á docencia senón á participación en congresos sobre todos os temas que xiraban arredor do ensino. Foi membro tamén do Colexio de Xordomudos e Cegos, secretario da Escola Normal en catro períodos e mesmo Director accidental. Autor de publicacións da súa especialidade, entre elas poden citarse: Aritmética elemental (Lugo, 1890), Escuelas de adultos: su necesidad y objeto. Carácter, límites y organización de esta enseñanza (Lugo, 1890), El precursor gramatical, acomodado a la doctrina sustentada por la Real Academia (Lugo, 1891) e Programa de elementos de geometría, dibujo y agrimensura (Santiago, 1897). Desenvolveu tamén un amplo labor de publicista na prensa, pois fundou e dirixiu en Lugo a revista de primeiro ensino <El Mensajero>, que apareceu en 1882, colaborando tamén en <La Idea Moderna> de Lugo e dirixindo en Santiago <El Magisterio Gallego>. Foi galardoado con varios premios nos certames pedagóxicos e nomeado cabaleiro da orde de Isabel a Católica.