Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CAAMAÑO MARTÍNEZ, JESÚS MARÍA (Noia, 09/12/1929)

Doutor en Filosofía e Letras, a súa tese foi publicada en 1962 en Valladolid co título Contribución al estudio del Gótico en Galicia (Diócesis de Santiago), cun prólogo do profesor Xesús Carro. A tese fora lida en 1959 e dirixida por José María de Azcárate. Actualmente exerce como Catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid. Entre os seus traballos especializados hai que anotar “La portada de San Jerónimo en Compostela” (<Cuadernos de Estudios Gallegos>, XXII, 1957), “Analogías artísticas a propósito de Gregorio Fernández” (1975), “Seis tímpanos compostelanos de la Adoración de los Reyes” (<Archivo Español de Arte>, XXXI, 1958) e “El gótico”, no volume colectivo La Catedral de Santiago de Compostela (1977). Colaborou tamén no volume colectivo Historia del arte español (Madrid, La Muralla, 1993).
Na súa mocidade foi tamén poeta en lingua española, publicando o volume Horizontes (A Coruña, Moret, 1952) con relativa boa acollida e un dos poemas do libro figura na escolma de Benito Varela Jácome Poetas Gallegos (1953). Tamén publicou algúns poemas no xornal <La Noche> de Compostela.

Reproducimos un dos seus poemas, publicado na revista <Aturuxo> (nº 7 – 8, 1956), que leva por título: “80 AÑOS”

Y los años hicieron suyas las coas.
Y andaba entre las cosas, tropezándose.

Se sentaba a sí mismo en su regazo
y descansaba encima de sí mismo
-¡y hasta se calentaba!- , al ocupar
el hueco de su cuerpo en el sillón.

-Tanto había crecido, que tenía
que ir sobre sí, sintiendo, calculando,
su propio peso-.
¡Era suyo el paisaje, como un cuadro
de siempre, en la ventana!

Y no tenía ya de qué apropiarse.
La muerte, más allá, se le ofrecía
-solo y quieto-,
como algo más allá por que extenderse...


Un ensaio interesante para o estudo da nosa comarca é o titulado “Sobre la inscripción del tímpano compostelano de Santa María a Nova” publicado na revista madrileña <Archivo Español de Arte> (XXXII, 1959).
Outros traballos deste autor son: El estilo perdonal de Alonso Berruguete (Madrid, 1961, sep. de <Revista de Ideas Estéticas>, nº 76), “O gótico. Algunhas consideracións bibliográficas” (en VV.AA: A arte galega. Estado da cuestión, Santiago, Consello da Cultura Galega, 1990) e “La impronta de los talleres regionales del gótico en Galicia: Santiago de Compostela en la primera mitad del siglo XIII” (Simpósio luso-espanhol de história da arte, Tomar, 1996). Aínda se pode citar a obra Relaciones artísticas entre España y Portugal (1986) e “O gótico: algunhas consideracións bibliográficas” (1986). Colaborou con poemas na revista <Aturuxo>, entre os que se pode citar “La mirada de Dios” (nº 10, 1958), dedicado a Luís Pimentel. SÁINZ DE ROBLES, F.C.: Raros y olvidados, Madrid, Prensa Española, 1971.