Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CAAMAÑO SUÁREZ, MANUEL (Noia, 02/01/1936)

Aparellador, foi presidente da agrupación cultural O Facho de 1966 a 1979 e foi membro dos consellos das editoriais Galaxia e Sept, así como fundador de Adega e Escola Aberta, formando ademais parte do padroado do Museo do Pobo Galego, do Padroado do Pedrón de Ouro e da Xunta Reitora da Fundación Castelao. Ensaísta, é autor dos volumes Pro e contra da liturxia en galego (Santiago, Sept, 1980), con J.M. Rodríguez Pampín, e Sobre Galicia como responsabilidade (Escritos e discursos / 1970 – 1986) ,(Sada, O Castro, 1989).

Estudou tamén algúns aspectos da nosa cultura popular nos volumes A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construccións adxectivas (1999).