Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CANABAL BARREIRO, JOSÉ ENRIQUE (Noia, 1947)

Reside en Madrid onde publicou varios artigos en revistas e xornais. É autor da novela en lingua castelá Rescoldos (Madrid, ed. Ciencia 3, 1997). Trátase dun relato de tipo intimista que comeza nos inicios da Guerra Civil pero que tamén se proxecta cara ao futuro.