Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CANAVAL Y MARIÑO, TOMÁS (Tremoedo, Cambados, 1779 Vilagarcía, 1829

Estivo destinado como funcionario na Pobra do Deán e foi un dos máis destacados xornalistas liberais de comezos do século XIX, redactando os xornais <El Amigo de la Nación> e <El Observador Constitucional> (1820) e foi moi duramente atacado polos absolutistas. Foi secretario da Sociedade Patriótica de Santiago.