Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CANITROT TRILLO, MARÍA XOSÉ (Noia, Século XX)

Poetisa que ás veces asina “Sesé Canitrot”, deuse a coñecer en 1990 co volume Os ocos da ausência (Noia, Casa da Cultura). A súa poesía é de linguaxe sinxela, pero moi depurada, e a súa temática é amorosa. Deste volume seleccionamos o poema V:

Ouh! Que desolazón a noite
desenfiando a nosa espiña
corazón dorsal
das tuas pupilas
vai-se afondando en min:
A caracola do silenzo
enlouquece lentamente


Poemas seus figuran tamén nos volumes colectivos Nós (1997) e Rumbo ás illas (1997).
Como narradora coñecemos o seu relato “Contos da aldea”, que se publicou na revista noiesa <Casa da Gramática>, (nº 4, 1999).