Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CASTELAO, PEDRO (Fernández). (Ribeira, 1975)

Licenciado en Teoloxía Dogmática e Fundamental pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid, publicou en 2000 un resumo da súa tese de licenciatura co título El trasfondo de lo finito. La revelación en la teología de Paul Tillich (Bilbao, Desclée De Brouwer), cun prólogo de Pedro Rodríguez Panizo. O volume foi presentado en Ribeira o 27 de xaneiro do 2001. Trátase, como o seu título indica, dun estudo sobre o teólogo alemán Paul Tillich (1886 1965), no que atinxe ás teorías deste sobre o concepto de revelación.