Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

CES IGLESIAS, EDUARDO (Noia, 24/04/1917 - 1988)

Nado na aldea de Couto de Sabardes, entrou en contacto co xornalismo durante a Guerra Civil, e na posguerra dedicarase á industria de zapatería. En 1950 participa na fundación da revista <Tapal> e empeza a colaborar no xornal santiagués <La Noche>, pasando en 1956 a colaborar en <La Voz de Galicia> e posteriormente en <El Correo Gallego>, <El Ideal Gallego> e <El Diario Español> de Montevideo. Deste labor xornalístico xurdirá o seu libro Agenda noyesa (anecdotario popular), editado en Santiago, en 1984, con prólogo de Xosé Manuel Cairo García.

Xa postumamente, apareceron as súas obras: Refachos de historia (Noia, Toxosoutos, 1992), prologado por Xosé Agrelo, e Evocacións (Noia, Toxosoutos, 1992), prologada por Diego Bernal.
Na revista <Tapal>, no número 1º que apareceu en 1950, publicou o traballo “Potencial económico noiés”.