| Dicionario
de autores/as do Barbanza |
|
COBAS RODRÍGUEZ, JOSÉ (Noia, 1838- 1885) Perito agrimensor, músico afeccionado que
dirixiu unha banda de música de creación propia, foi
autor das zarzuelas, que permanecen inéditas, tituladas La
adoración de los rexes, José o los hijos
de Jacob (1881) e Los calaveras arrepentidos, e tamén
do xoguete lírico El maestro de escuela, que foi
estreado en Noia en 1881. En 1880 foi elixido director da Sociedade
Coral Orfeón Noyés. As súas obras dramáticas,
das que tamén realizou a partitura musical, foron estreadas
pola Sociedade de Declamación Noyesa e polo Casino de la
Unión Noyesa en 1881. |
|||||