Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

COMOXO, XOSÉ (Rianxo, Século XX)

Coautor, con Xesús Santos Suárez, da Biografía de Arcos Moldes (Rianxo, 1994) e tamén co mesmo escritor dun volume sobre a heráldica da súa vila, ten en preparación unha Historia de Rianxo e a súa comarca. Tamén en colaboración con Xesús Santos é autor dun importante traballo sobre heráldica titulado A heráldica nas terras de Rianxo: Brasons e liñaxes (A Coruña, Deputación Provincial, 1997), volume ilustrado con fotografías de Martín Gómez González, que nas máis de catrocentas páxinas inclúe un serio estudo sobre as familias nobres de Rianxo, con moitos datos históricos de interese. Só pode censurarse a bibliografía, que carece do necesario rigor neste tipo de traballos.