Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

COSTA BEIRO, ALFONSO (Noia, 09/08/1943)

Ben coñecido como pintor, é tamén autor dun libro de poemas, titulado O espello de papel (Muros, Toxosoutos, 1996), que recolle os textos escritos entre 1987 e 1995, prologado por Aurora Marco. A obra está dividida en seis partes tituladas “Os cinceis do tempo”, que recolle os poemas de 1987 a 1990, “Sinfonía de porcelana”, que recolle os textos de 1991 e 1992, “Soedade desherdada”, con textos de 1992 e 1993, “Anacos”, que inclúe poemas de 1993, “Nas cavidades da noite”, poemas de 1994 e “Desgaste íntimo” con textos de 1994 e 1995.
Do apartado “Soedade desherdada” seleccionamos un breve poema, que carece de título:

Acólleme en ti,
esperanza miña,
que desamar
non podo
por causa
que ao dano
eleva.

Na revista noiesa <Alameda> apareceron os traballos “Diario de abordo” (nº 2, 2000), e “A sombra” (nº 7, 2002), en homenaxe a Avilés de Taramancos.