Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

COSTA RODIL, XESÚS

Profesor no I.E.S. Félix Muriel de Rianxo, é autor de interesantes traballos sobre esta vila, entre os que se poden sinalar “Rianxo: escolas da I República” (Guadalupe 1854 – 2004, Rianxo, 2004), pero destacan os volumes Rianxo no Antigo Réxime. Economía e sociedade nunha vila mariñeira do Señorío Arcebispal de Santiago (Rianxo, Concello de Rianxo, 2001).
Recentemente estendeu as súas investigacións á etapa contemporánea, froito das cales son os volumes Rianxo na II República: firme apoio ó Estatuto de Autonomía e Rianxo na Guerra Civil: Campo de concentración de prisioneiros de guerra. 1937 – 1939, ambos os dous editados polo Concello de Rianxo en 2003. O segundo dos volumes citados é froito da colaboración con Xosé COMOXO e Xesús SANTOS.