Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

DIESTE, OLEGARIA (Pontevedra, 1890 – Rianxo, 1981)

Irmá dos escritores Eduardo e Rafael, traduciu o epodo IV de Horacio ao galego, que se publicou en 1910 nun opúsculo editado en Barcelona co título Epodos, dato que deu a coñecer Alonso Montero en 1990. Este mesmo autor sinalou posteriormente que é Olegaria a protagonista da novela de Elena Quiroga, publicada en 1955 co título La enferma. Olegaria Dieste permanece postrada na cama dende 1914, ao parecer por ter enfermado ao casar Castelao con Virxinia Pereira, pois Olegaria estivera sempre namorada do escritor rianxeiro.

Amosamos un anaco desta súa tradución do Epodo IV de Horacio:

Canto de seu son os lobos e años
amigos, tal nosoutros,
árdech’o lombo das cordas ibéricas
y os pes das rexas trabas.
inda que d’ouro reloz’a suberba
fortúa non fai caste