Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

DOMÍNGUEZ FONTÁN, MANUEL (A Pobra do Caramiñal, 01/03/1903)

Emigrado dende a súa xuventude en Cuba, na década dos sesenta ocupou o cargo de bibliotecario da Universidade da Habana. Nacera na pobrense rúa de Riego, fillo de Tomás Domínguez Martínez e Pilar Fontán Tovío. É autor de La Puebla del Caramiñal. Un mirador sobre la ría de Arosa (Vigo, 1962, reed. pola Deputación Provincial da Coruña en 1997), que apareceu cun prólogo de Victoriano García Martí. En 1934 publicara Guía del Partido Judicial de Noya.