Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

DOVAL RODRÍGUEZ, GERARDO (Noia, 21/09/1861 – Madrid, 23/04/1940)

Algunhas fontes anotan que naceu en 1863. Doutor en Dereito, ademais de ter estudado Medicina, foi profesor de Ensino Medio e tivo grande presenza na política española de preguerra, pois foi deputado liberal en 1905, 1916 e 1923, ademais de senador por Teruel en 1919. Membro da Real Academia de Lexislación e Xurisprudencia, foi un notable penalista, que estaba en posesión da Orde de Isabel a Católica, é autor das obras El Jurado como institución popular. Reformas necesarias en el procedimiento (Madrid, 1903), Higiene y acción social. Intervención del Derecho en los matrimonios de los tuberculosos (Madrid, Imp. Calle de San Isidro, 1912) e Un problema nacional. Los foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación (Coruña, Impr. Moret, 1925), obra esta última prologada por Alfonso de Cal, Lo infinito ha creado y rige por acción directa la marcha de su obra (Alcalá de Henares, 1927) e Cánovas ateneista (Madrid, 1928). Cómpre citar tamén La tuna (1891) e Conferencia del Sr. ... pronunciada en la sesión pública de 14 de febrero de 1916. Política española en Marruecos (Madrid, Jaime Ratés, 1916) e Contestación al folleto que sobre las reformas proyectadas para el Colegio de Doncellas de Toledo publicó el ... Sr. D. Francisco Frutos Valiente (Toledo, Antonio Garijo, 1919).

Dende a súa fundación era académico correspondente da Real Academia Galega.