Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FABEIRO GÓMEZ, MARÍA MERCEDES (Noia, 1961)

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade Compostelana, cultiva a poesía e os estudos históricos. En colaboración con seu pai, Manuel Fabeiro Gómez, publicou o folleto A feligresía de Santa Mariña do Obre (Noia, Sementeira, 1988), un estudo histórico da devandita parroquia, que leva un apéndice documental, no que se estuda non só a arquitectura relixiosa, senón tamén os pazos de Obre. Publicou ademais outros artigos sobre a Barbanza, coma o titulado “Heráldica boirense”, en colaboración co seu pai, que apareceu no xornal <Barbanza> en xullo de 1988.