Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FERNÁNDEZ BAZ, MANUEL ANXO (Ribeira, 1975)

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela, é autor do volume A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963 – 1984), publicado pola editorial Laiovento en 2003. Obra organizada en cinco partes, estuda as orixes do PSG, da UPG e do BNG.