Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FERNÁNDEZ OUJO, AGUSTÍN (Ribeira, Século XX)

De grande interese para os ribeirenses é o seu volume En un saliente de las Rías Bajas de Galicia. Novela histórica dialogada (Avilés, 1972). Cultiva tamén a poesía en lingua galega. O volume citado leva como subtítulo “Novela histórica dialogada. Amor, historia y poesía”, e é unha guía lírica pola cidade de Ribeira, que contén ademais poemas en galego e castelán. O autor publicou ademais Mis jornadas poéticas en Avilés (Avilés, 1963).

Antes da guerra colaborou con poemas no xornal pobrense de tendencia socialista <La Lucha>: “Invierno” (nº 29, 1933), “A la esposa de mi padre” (nº 33, 1933), “Memorial a las víctimas de la trainera Azaña” (nº 11, 1932).