Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, BEGOÑA (Vigo, 1967)

Licenciada en Xeografía e Historia dedicou a súa tese de licenciatura á vila de orixe de seus pais e da súa familia, parte da cal foi editada no folleto A capela de Alba, que malia ao título está redactado en castelán, e que foi editado pola Asociación Cultural A Miserela da Pobra do Caramiñal.

O folleto fai unha lectura iconográfica e iconolóxica da Capela do Bo Xesús, hoxe máis coñecida como Capela de Alba, fundada por Juan Domínguez de Viance en 1572, da que destaca o seu carácter funerario e que conclúe coas seguintes aseveracións:

“Por lo tanto, en esta capilla se expresa la esperanza de la Redención y de la Salvación del Género humano a través de su fe en Cristo y la labor mediática de María, cuya invocación queda plasmada reiteradamente”.