Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FERNÁNDEZ SOLER, RAMÓN (A Pobra do Caramiñal)

Enxeñeiro de Minas, é autor do traballo técnico Prevención de accidentes en el interior y exterior de las minas (Madrid, Impr. Ramón Soto, 1957, 111 pp.), que foi unha ponencia presentada ao III Congreso Nacional de Medicina y Seguridad en el Trabajo. O mesmo traballo apareceu reducido e co título Prevención de accidentes en el interior y exterior de una mina. Nas actas editadas en 1958 en Madrid.