Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FERNÁNDEZ SUÁREZ, GONZALO FRANCISCO (Taragoña, Rianxo)

Doutor en Historia pola Universidade de Santiago en 2002, é autor de numerosos traballos da súa especialidade: La nobleza gallega entre los siglos XIV-XV: los Sarmiento, condes de Ribadavia (2002), “La administración del condado de Ribadavia en el siglo XV: organización político-judicial, hacienda, milicia, casa y comitiva” (<Semata>, 2003), “Un ejemplo de hacienda nobiliar gallega en el siglo XV: los ingresos y los gastos de Don Bernardino Pérez Sarmiento, I conde de Ribadavia, entre los años 1477 – 1478” (<Compostellanum>, 2003), “Os Sarmiento durante a Baixa Idade Media: unha visión panorámica” (<Cadernos de Ribadavia>, 2003), “Galicia en 1480: la readaptación del estamento nobiliario” (con Antonio Presedo Garazo e Ana Framiñán Santas, en Enfrontaments civils: postguerres i reconstruccions, 2002).

No ano 2003 publicou o volume Os condes de Ribadavia durante o reinado de Felipe II. Estudio e colección documental (Noia, Toxosoutos), que inclúe a transcrición de trinta e dous documentos do período que vai de 1559 a 1599.