Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FERRER VALES, JOSÉ (A Pobra do Caramiñal, 08/05/1895 – 10/07/1962)

Avogado e político liberal pobrense, alcumado polos seus inimigos “Sinqueixo”, publicou un folleto moi interesante para atacar a apropiación por parte do líder conservador Jacobo Díaz de Rábago dunha parte importante do monte de man común na zona da Curota. O folleto, sen pé de imprenta, nin lugar nin data, leva un prólogo asinado na Pobra o 18 de xaneiro de 1926. O libriño leva por título Examen de la documentación que presenta el señor Rábago para justificar la propiedad de los terrenos que ocupó hace poco tiempo dentro de los linderos señalados al monte Curota.

O libriño leva uns anexos documentais moi interesantes que mesmo reproducen artigos do semanario <La Razón> que saía na Pobra do Caramiñal en 1916 e 1917.

Na Guerra Civil optou polo bando franquista, sendo o que instruíu os expedientes de significados republicanos, aínda que logo non tería un papel relevante na represión directa.