Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

FIAÑO GONZÁLEZ, PEDRO (Noia, 1927 – 1996)

Dedicado a traballos de historia, en 1999 apareceu a súa obra Documentos para a historia de Galicia (Noia, Toxosoutos), que aínda que apareceu en galego foi redactada en castelán e traducida pola editorial. Outra obra súa publicada é O mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, (Lousame, Concello, 1993), interesante volume que aporta documentación histórica sobre o citado mosteiro.

A primeira das obras citadas reúne traballos que fan referencia ás orixes de Noia, ao seu escudo, á igrexa e cemiterio de Santa María a Nova, a Ponte Nafonso e mesmo á presenza do duque de Lancaster en Galicia. O volume foi prologado por Concha Allut e Xerardo Agrafoxo.

No <Diario Barbanza> publicou os traballos “Novos datos sobre Xoán de Noia” (1988), “Un navegante noiés: Lorenzo de Armada” (1988) e “Homes para a historia: Sebastián de Ocampo” (1988).