Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GAGO MARIÑO, MANUEL (Palmeira, Ribeira, 22/06/1976)

Vinculado á Pobra do Caramiñal, traballa en Santiago como responsable de Medios de Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Poeta e narrador, ten inédito o libro de poemas Episodio. Sendo estudante de C.O.U. gañou dous dos premios convocados polo Instituto Calvo Sotelo, un deles co relato “O muíño” e o outro coa serie de poesía “Cancioneiro do longo ollar”.

Colaborou no volume colectivo El Catón Compostelano. Estudios (Santiago, Consello da Cultura Galega, 2000). Ademais no xornal <La Voz de Galicia> publicou o relato “A caída” (14 – 09 – 2000). Tamén no ano 2000 publicou, en colaboración con X. López García e J. Pereira Fariña o volume O novo xornalismo electrónico (Santiago, Lea).