Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GARCÍA RODRÍGUEZ, MARÍA DO CARME (Rianxo, 10/01/1950)

Filóloga, profesora da Universidade de Santiago, foi a editora da Poesía e Prosa de Brea Segade (1984), e da Obra poética e filosófica de Rei Romero (1986). Colaborou na revista <Grial> con traballos sobre Manuel Antonio, e tamén adicou traballos a Ramón Cabanillas, e mesmo publicou algún conto como “O Porviso” (<Grial>, nº 33, 1971).

A súa tese de licenciatura leva por título A poesía mariñeira de Manuel Antonio. Outros traballos sobre o tema da lingua nos nosos escritores son “Ausencia de seseo e gheada en De catro a catro de Manuel Antonio” (<Boletín de la Real Academia Gallega>, t. XXX), “O infinitivo en Antífona da Cantiga de Ramón Cabanillas”, “Notas sobre os comezos literarios de Rafael Dieste” (<Grial>, nº 91, 1986) e “A poética de Manuel Antonio” (<Grial>, nº 45, 1974).

Encargouse, ademais, da transcrición fonética para o Diccionario esencial galego-castelán. Castellano-gallego (Barcelona, Biblograf, 2ª ed., 2000).