Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GONZÁLEZ DE VILLAMOURE, AMARO (Rianxo, século XVI)

Ordeado sacerdote en 1544, foi nomeado ecónomo de Carril en 1546, Reitor de Rianxo en 1552 e párroco da tamén rianxeira parroquia de Leiro en 1565. Debeu morrer arredor de 1594.

Deixou manuscrita unha “Relación” que se conserva no arquivo parroquial de Leiro, de grande importancia histórica para coñecer os acontecementos da comarca na súa época, como é o caso de pestes, secas, a visita de Felipe II a Santiago e o seu coñecemento na comarca, entre outras moitas cousas.