Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GONZÁLEZ MILLÁN, ANTONIO JESÚS (1968)

Historiador, vinculado á Pobra do Caramiñal, en 1997 publicou o volume Pazo da Mercé, editado polo Concello da Pobra do Caramiñal na súa colección “Biblioteca de Temas Pobrenses”. A obra foi traducida ao galego por Dolores Vidal Millán.

Ademais é autor do traballo “Contribución al estudio de la colección lapidar del Museo de Pontevedra. Armas de los Xunqueiras”. Tamén é da súa autoría a guía A Pobra do Caramiñal (A Pobra, Concello, 1997), que apareceu en versión bilingüe galego-castelán, sendo a tradución ao galego de María Dolores Millán Vidal. Algún que outro traballo publicou en lingua galega (“O terceiro domingo de setembro celebrouse no Deán o día da vida”, <La Voz de Galicia>, 17 – 09 – 1991).