Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GONZÁLEZ PÉREZ, MARÍA DEL PILAR (A Pobra do Caramiñal, 02/03/1917)

Ó comezo da súa carreira literaria asinaba “Maruxa de Carlos”, pero tralo seu matrimonio asinou “María Pilar G. de Fresco”.
Xa na Guerra Civil colaborou no xornal santiagués <El Compostelano>, para logo facelo no <Faro de Vigo>, onde apareceron varios dos seus poemas.
Publicou o volume Papeles (Madrid, Altamira, 1952).
En galego é autora dun soneto publicado na revista <Alba> (nº 6) e titulado “Irmandade”, que reproducimos:

IRMANDADE

Eu son froito. Foito d’un árbore oxe vello
que xá d’árbores e froitos mais antergos viña.
Eu alento c’un aire que noutro peito axiña
á murcha sangue tornará o seu côr bermello.

O probe i-o señor son do meu corpo espello,
y-a auga que existe na sua carne e a miña
denantes terra foi, foi pan e denosiña,
arela de rapaz, maldizón e consello.

Son froito e froito dei: Arboriños pequenos
nos que moi fortes puxan almiña e pensamento;
arboriños qu’eu miro toda d’orgullo chea.

Cando sosmente penso en eles como nenos
sin cabilar que todo, baixo do firmamento
homilde eslabón é, d’infinida cadea...