Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GONZÁLEZ SUÁREZ, UNAI (Ribeira, 1978)

Narrador e poeta bilingüe, estudante de Ciencias Políticas, gañou o premio do VII Certame do Libro Infantil “Ciudad de Morón”, en Morón de la Frontera, Sevilla, co conto El viejo Alexandre (Morón de la Frontera, Concejalía de Educación,1999), ano no que tamén publicou un volume de poemas titulado De min para vós, que é un título que xa existe na literatura galega, correspondendo a un volume de contos de Ricardo Carballal (¿? - 1922): De min pra vós (Contos do pobo) (1928).