Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GONZÁLEZ VIDAL, MANUEL (Palmeira, Ribeira, 05/03/1942 – 1995)

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, en 1979 foi nomeado xerente do Plan de Explotación Pesqueira de Galicia, pois no terreo da acuicultura está a súa especialidade. Publicou El conflicto en el sector marisquero de Galicia (Madrid, Akal, 1980) e colaborou no volume colectivo Galicia. Realidad económica y conflicto social (A Coruña, 1978).

En galego é autor do volume A cuestión marisqueira, que saíu do prelo en 1978.