Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GUILLÁN HERMO, ANTONIO (A Pobra do Caramiñal, 15/02/1900)

Mestre, natural do Xobre, fillo do mestre Antonio Guillán Pazos, exerceru durante longo tempo na cidade de Pontevedra e publicou os volumes Xuncos (1979) e O libro do soños (1984), de linguaxe sinxela e ton narrativo.
A obra Xuncos (Vigo, autor, 1979), está dividido en catro partes, dedicada a segunda delas á “Epopeia de América”, contendo a terceira parte “As catro caras do ano” e estando a cuarta en lingua castelá, malia levar o título en galego, “Máis alá do Quereño”.
Deste volume reproducimos o soneto “A reina”:


“A REINA”

Non importou a loita de Granada,
dos sabios desfavor, nin ter diñeiro.
Contra toda razón, foi o primeiro
o que, dando o que ten, n’arrisca nada.

¡Certeira decisión das horas graves
que fas famoso o feito en que te apoias!
Para a Reina, foi empeñar as xoias,
coma para Cortés queimar as naves.

Teréi, coida Isabel, o amor do pobo.
Terá mais honra Deus, coida o Abade.
Teréi ouro e poder, coida Cristobo.

I-estes os ventos son que infran as velas
con que a ilusión pon proa a inmensidade
e fan realidá tres carabelas.


Colaborou con poemas nalgunas revistas como <Mundo Gallego> de Madrid (“Gaita galega”, nº 39, 1974).