Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

GUTIÉRREZ DE VELASCO, ANTONIO (Utrilla, Soria, 1917 – Ribeira, 21/08/2002)

Catedrático de Historia no Instituto de Bacharelato de Ribeira, publicou varios traballos da súa especialidade, entre os que se poden citar “Hechos relacionados con la emigración rural gallega. El ejemplo del municipio de Lousame (A Coruña)” (<Boletín de la Real Sociedad Geográfica>, vol. CXI, nº 1 – 2, 1975, pp. 115 – 139) e “A finales del siglo XVIII Noya se levantó contra los industriales catalanes” (<La Voz de Galicia>, 12 – 02 – 1989). En <Cuadernos de Estudios Gallegos> apareceron dous interesantes traballos: “El mercado de la villa de Noya: noticias históricas” (XXII, fasc. 68, 1967) e “Aportación a la historia comercial de Noya” (XXII, fasc. 70, 1968). Outros artigos divulgativos do autor apareceron na prensa, coma o titulado “Recuerdos escolares de la vieja Noia” (<La Voz de Galicia>, “Barbanza”, 01 – 03 – 1995). Cómpre citar o traballo Iniciación al estudio de la geografía de la población de los municipios del Barbanza (Ribeira, 1983), feito en colaboración cos seus alumnos.

Interviu tamén na polémica sobre o topónimo da Pobra co artigo “Discusión sobre un topónimo” (<La Voz de Galicia>, “Barbanza”, 13 – 03 – 1994), que non aporta ningún dato de interese e nin sequera unha opinión propia. Outro artigo seu de tema barbanzónico é o titulado “Noia fue la primera población de la comarca de Barbanza que dispuso de alumbrado público” (<La Voz de Galicia>, 25 – 08 – 1989).

É autor tamén doutros traballos de ámbito máis xeral, coma os titulados Las algas y el agar-agar en España (Madrid, Separata, 1969) e Producción, consumo y comercio de berberechos (Madrid, Separata de <Geographica>, 1964.