Dicionario de autores/as do Barbanza

 
 
 
   

HERMIDA JUANATEY, JOSÉ BENITO (Outonil, Santa Cristina de Barro, 1850 – A Pobra do Caramiñal, 08 – 11- 1920)

Mestre de Instrucción Pública na Pobra do Caramiñal, onde seguiu residindo trala súa xubilación e onde faleceu na rúa Cinco Calles publicou un libro pedagóxico titulado El despertador de la infancia, que tivo unha segunda edición en 1882 e que contén Historia Sagrada, Gramática, e Aritmética. Morreu na Pobra en novembro de 1920 e está soterrado no cemiterio parroquial de Santa María a Antiga do Caramiñal. O libro é de moi difícil consulta, mais Costa Rico asegura que existe exemplar na Biblioteca Nacional.

Nin Couceiro Freijomil, nin Costa Rico, nin Cobas Brenlla ofrecen datos biográficos, pero si ofrece algún Agrelo Hermo e Hermida Iglesias. Os datos proceden da edición corrixida que está en preparación de Escritores da Barbanza de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, aínda que o autor xa figura na primeira edición de 1999.